Unha partitura orixinal do compositor Wolfgang Amadeus Mozart, escrita na súa mocidade e procedente dunha colección de Stefan Zweig, foi vendida en París por 372.500 euros, segundo informou a casa de poxas Sotheby’s. O documento conseguíu practicamente dobrar o seu prezo estimado de saída, entre 150.000 e 200.000 euros.
Escrito a man en 1772, cando Mozart tiña 16 anos, o manuscrito é unha versión única do quinto e sexto minueto dunha serie de seis minuetos para orquestra, compostos polo músico en Salzburgo entre dúas viaxes que fixo a Italia o verán dese ano.
«Foi nesta época cando o seu xenio afírmase e empeza a crear numerosas obras de arte», destacou a casa de poxas. Trátase dunha das raras pezas que se conservan da herdanza musical do compositor, gardada pola súa irmá Maria Anna en Salzburgo e que séculos despois pasou a mans de Zweig, un gran coleccionista de Mozart.
O obxecto foi poxado dentro da venda dun recoñecido bibliófilo suízo, Jean- François Chaponnière, falecido en 2005. O diñeiro da venda será destinado a fondos privados en favor da promoción da música entre os mozos.