(Varsovia – Polonia, 5-7-1879, Lakeville (USA), 16-8-1959). Ademais de clavicembalista, foi pianista e compositora. Comeza aos 4 anos o estudo do piano con J. Kleczynski, continuando no Conservatorio de Varsovia con A. Michalowski. Desde 1896 estudou composición en Berlín, con H. Urban. Estableceuse en París en 1900 e alí ensinou na Schola Cantorum. Deixou o piano polo clavicémbalo, e en 1903 actuou por primeira vez con este instrumento, comezando desde 1906 varias xiras por Europa, América, Africa, etc. Por suxestión súa, Falla (1926) e Poulenc (1927) escribiron os primeiros e máis modernos traballos para clavicémbalo. En 1941 establécese nos Estados Unidos, en Lakeville, onde permaneceu ata a súa morte. É autora dun gran número de ensaios e escritos científicos relacionados coa interpretación das obras para clave, así como composicións para orquestra, cancións e páxinas para piano.
Actuacións para a nosa Sociedade
Soamente rexístrase unha actuación o 10 de Xaneiro de 1921, na que interpretou ao clave e ao piano.