Teresa Berganza (1934)

Teresa Berganza (1934)

A mezzo-soprano Teresa Berganza, nace en Madrid o 16 de Marzo de 1934. No seu Conservatorio cursa estudos de piano, harmonía, composición, historia da música e órgano. Entra a formar parte do coro Cantores de Madrid e durante dous anos estuda canto coa profesora Lola Rodríguez de Aragón. A través do coro, entra en contacto co mestre Ataulfo Argenta co que grava un bo número de zarzuelas, hoxe consideradas como rexistros verdadeiramente antolóxicos. A partir do ano 1957 inicia a súa carreira internacional despois da súa presentación en Aix-en-Provence, centrando o seu repertorio en autores como Mozart e Rossini, sen esquecer aos barrocos Monteverdi, Purcell ou Handel. O seu triunfo co papel de Carmen en Edimburgo fai que sexa continuamente solicitada por batutas da talla de Karajan, Solti, Mehta, Abbado ou Muti. Ten no seu poder máis de cen condecoracións do mundo enteiro, pero da que máis orgullosa sente é da medalla da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, que a recoñece como a súa primeira muller Académica de Número. Segundo palabras de Saiz Valdivielso: “É algo máis que unha mezzosoprano. Teresa é unha maneira de ser e de sentir; un estilo palpitante, con poderoso carisma e maxestade de deusa”.

Actuacións para a nosa Sociedade
Rexistramos un único recital celebrado o 29 de Marzo de 1960, acompañada ao piano por Félix Lavilla.

Teresa Berganza (1934)

La mezzo-soprano Teresa Berganza, nace en Madrid el 16 de Marzo de 1934. En su Conservatorio cursa estudios de piano, armonía, composición, historia de la música y órgano. Entra a formar parte del coro Cantores de Madrid y durante dos años estudia canto con la profesora Lola Rodríguez de Aragón. A través del coro, entra en contacto con el maestro Ataulfo Argenta con el que graba un buen número de zarzuelas, hoy consideradas como registros verdaderamente antológicos. A partir del año 1957 inicia su carrera internacional después de su presentación en Aix-en-Provence, centrando su repertorio en autores como Mozart y Rossini, sin olvidar a los barrocos Monteverdi, Purcell o Handel. Su triunfo con el papel de Carmen en Edimburgo hace que sea continuamente solicitada por batutas de la talla de Karajan, Solti, Mehta, Abbado o Muti. Tiene en su poder más de cien condecoraciones del mundo entero, pero de la que más orgullosa se siente es de la medalla de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, que la reconoce como su primera mujer Académica de Número. Según palabras de Saiz Valdivielso: “Es algo más que una mezzosoprano. Teresa es una manera de ser y de sentir; un estilo palpitante, con poderoso carisma y majestad de diosa”.
Actuaciones para nuestra Sociedad
Registramos un único recital celebrado el 29 de Marzo de 1960, acompañada al piano por Félix Lavilla.