Salvatore Accardo (1941)

Salvatore Accardo (1941)

Soado violinista italiano, nacido en Turín o 26 de Setembro de 1941. Está considerado o máis grande especialista na música de Paganini existente na actualidade.

A súa discografía achégase aos cincuenta rexistros para os selos máis importantes como Philips, DG, Emi ou Sony.

Actuacións para a nosa Sociedade
Na nosa Sociedade presentouse o 4 de Novembro de 1965, interpretando un inesquecible Concerto para Violín de Beethoven, acompañado pola excelente Orquestra do Palacio Pitti de Florencia, baixo a dirección do mestre Luigi Toffolo.