Nicanor Zabaleta (1907-1993)

Nicanor Zabaleta (1907-1993)

(San Sebastián, 7-1-1907, San Juan de Porto Rico, 31-3-1993). Arpista e compositor español, foi considerado un dos máis brillantes virtuosos deste instrumento do pasado século XX. Estudou na súa cidade natal, en Madrid e en París con M. Tournier e E. Cools. O seu dominio técnico do instrumento, conxugado coa súa exquisita musicalidad, permitiulle realizar unha fulgurante carreira internacional, tanto en recital  ou como solista coas mellores orquestras e directores do mundo. A súa gravación para Deutsche Grammophon do Concerto para Frauta e Arpa de Mozart, con W. Schulz, Filarmónica de Viena e Karl Böhm, constitúe un documento sonoro de auténtica referencia. Profesor no Conservatorio de Caracas e na Academia Chigiana de Siena, casa aos 45 anos coa portorriqueña Graciella Torres, vivindo moitos anos nese país. É posuidor da Gran Cruz de Alfonso X o Sabio, a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo, a Medalla de Ouro de Belas Artes e o Premio Nacional de Música.

Actuacións Para a nosa Sociedade
Tres veces presentouse na Filarmónica coruñesa este eminente artista: o 13 de Novembro de 1956, o 30 de Outubro de 1958 e o 23 de Abril de 1970.