Alexis Weissenberg (1929-2012)

Alexis Weissenberg (1929-2012)

Este extraordinario pianista búlgaro, nace o 26 de Xullo de 1929 en Sofía. A súa primeira profesora de piano foi a súa propia nai. Estuda máis tarde con Pantcho Vladiguerov, a máis alta autoridade musical búlgara daqueles tempos, gran pedagogo e compositor.
A súa carreira internacional pódese dicir que comeza a raiz de gañar o Premio Leventritt en 1947. Outra lombeirada definitiva recíbeo de Herbert von Karajan quen o convida a interpretar o Concerto nº 1 de Tchaikovsky cos seus filarmónicos berlineses. O soado director salzburgués sinálao entón como: «un dos mellores pianistas do noso tempo».

Actuacións para a nosa Sociedade
A relación de Weissenberg coa nosa Sociedade Filarmónica foi especialmente intensa posto que, xa desde a súa primeira actuación en novembro de 1958, estableceuse entre o gran pianista, a Xunta Directiva e os Socios, unha corrente de cordialidade e mutua simpatía que alcanzou o seu punto álxido no seu seguinte recital, o 16 de Febreiro de 1960, con interminables aplausos ao final do concerto, tras uns «Tres movementos de Petrouchka», de Stravinski que enardecieron ao entregado auditorio. Debido ao éxito obtido polo pianista e a avalancha de peticións dos socios de volver gozar da súa arte canto antes, a directiva da Sociedade consegue que Weissenbrg acceda a ofrecer un novo recital cinco días despois, en sesión matinal no Teatro Colón, cun programa totalmente distinto do anterior. A súa última aparición na nosa cidade ten lugar o 17 de Decembro de 1965, con obxecto de inaugurar un novo piano Steinway, adquirido pola nosa Sociedade para substituír ao veterano Bechstein, magnífico instrumento, pero xa deteriorado polos seus moitos anos de uso. Naquela ocasión, Weissenberg revelouse tamén como brillante orador na súa simpática alocución en perfecto castelán, resaltando a importancia desta adquisición para o futuro da Sociedade Filarmónica coruñesa.