O Teatro alla Scala de Milán rende homenaxe á soprano Montserrat Caballé

A soprano española Montserrat Caballé, unha das voces máis importante da ópera mundial e falecida o pasado outubro, será lembrada hoxe nunha homenaxe que organizou o Teatro alla Scala de Milán en colaboración co Instituto Cervantes desta cidade. Os expertos en lírica Giancarlo Landini e Sabino Lenoci, e o musicólogo Andrea Merli conversarán sobre o legado desta raíña do ‘ belcanto’ dentro do ciclo “Grandes voces na Scala”, que este templo operístico xa dedicou anteriormente a figuras como o tenor Juan Diego Flórez, a soprano Renata Scotto -unha “estrela irrepetible” en palabras da propia Caballé- ou o barítono Renato Bruson. O acto chamarase “Montserrat Caballé: o misterio da voz” e e nel os asistentes tamén rememorarán a súa carreira artística e as súas cinco décadas de éxitos, coñecerán anécdotas da súa vida e volverán escoitar a súa irrepetible voz, grazas a unha serie de proxeccións audiovisuais e testemuños de persoas coñecérona.
Caballé foi unha das mellores voces líricas do século XX, a máis universal das cantantes españolas de ópera, á altura da grega Maria Calas, a australiana Joan Sutherland, a alemá Elisabeth Schwarzkopf ou a italiana Renata Tebaldi, tanto pola súa calidade vocal como polo dominio técnico. Cantou nos teatros máis selectos do mundo: Scala de Milán, Staatsoper de Viena, Royal Opera House Covent Garden de Londres, Opera de París, Bolshoi de Moscova, Teatro Colón de Buenos Aires, Teatro Real de Madrid e as óperas de San Francisco, Hamburgo e Múnic. Faleceu o pasado outubro, tras semanas ingresada nun hospital de Barcelona por unha doenza que padecía desde facía tempo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.