NOVA XUNTA DIRECTIVA (2017-2021)

No día de onte, 5 de setembro de 2017, celebrouse a habitual xunta Xeral Ordinaria, á que obrigan os nosos estatutos, con carácter anual.
Ademais, e dado que expiraba o período de mandato da anterior Xunta, elixida en 2013, celebrouse Xunta Xeral Extraordinaria para lle elección do novo equipo que dirixirá a Sociedade durante o próximos catro anos.
Nesta Xunta Xeral Extraordinaria, e á que só concorría unha candidatura, esta foi referendada polos socios/as asistentes.
En consecuencia, a nova Xunta directiva queda conformada polas seguintes persoas:

Presidente: D. Xullo Tasende Calvo (repite neste cargo)
Vicepresidente: D. Antonino Caruncho Conde (novo no equipo directivo)
Secretario: D. José Luis Romeu Gil-Delgado (repite neste cargo)
Tesoureiro: D. Antonio Grueiro Bouza (novo no equipo directivo)
Vogal: D. Arturo Barral Viqueira (anterior Tesoureiro)
Vogal: Dna. Rosa María Rodríguez García (nova no equipo directivo)

Nun momento da intervención do presidente presentando a nova candidatura, éste agradeceu publicamente a tarefa levada a cabo polo anterior Vicepresidente D. Gustavo Díaz Santurio quen, por motivos persoais, decidiu dar fin á súa participación como membro da Xunta Directiva non formando parte da candidatura presentada.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.