NOVIDADES TEMPADA 2020-2021

Dentro das novidades impostas pola pandemia, está a prohibición de entregar no Teatro, o día dos concertos, o tradicional tríptico no que publicabamos o programa de man e as notas ao programa.
Por este motivo, pensamos en colocar na cristaleira do teatro, a porta de entrada ou onde nolo permitan, o CODIGO QR que vos redirixirá á páxina web e onde se atopará detallada toda esta información.
Para quen queiras facer uso desta ferramenta que nos brinda a tecnoloxía, deberedes de ter instalada (o o caso dos móbiles ANDROID) unha aplicación de lectura de códigos QR.
Se o voso é un teléfono IPHONE bastará con dirixir a cámara do móbil a este código e automaticamente redirixirá á páxina web sen necesidade de instalar ningunha aplicación.
Aproveitando esta mensaxe, déixovos xa, por se queredes facer algún tipo de proba, o código QR que contén a información do concerto do día 20 de OUTUBRO.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.