A 2 busca ós novos talentos da música clásica

Mañá luns 11 de decembro ás 12 do mediodía arrinca nos 2 Clásicos e Reverentes, un talent musical presentado por Sheila Izquierdo no que participarán cincuenta candidatos previamente elixidos nun proceso de audicións similar ao que se emprega nunha Orquestra profesional e que tentarán chegar ao final para participar nun concerto da Orquestra Sinfónica RTVE. A valoración dos candidatos correrá a cargo do xurado composto polo mestre Ramón Torrelledó, a violinista Judith Mateo, o subdelegado artístico da Orquestra e Coro RTVE, Albert Batalla, e o xornalista Máximo Pradera. A mecánica do programa é a seguinte: En cada un dos dez primeiros programas participarán cinco concursantes. En cada emisión dúas serán eliminados na primeira parte do programa, onde terán que interpretar unha obra da súa libre elección. Os tres seleccionados recibirán unha clase maxistral con tres profesores de Orquéstraa RTVE, Yulia Iglinova (axuda de concertino), Mario Torrijo (solista de tuba) e Raúl Benavent (solista de percusión). Interpretarán entón unha peza obrigada. Destes, só un e excepcionalmente dous, en caso de empate, pasarán ás semifinais. Destas semifinais sairán os elixidos para participar na gala final, que será presentada por Anne Igartiburu. Será entón cando unha delegación da Comisión Artística da Orquestra, encabezada polo mestre Miguel Ángel Gómez-Martínez, elixirá os candidatos que considere cun nivel artístico suficiente para interpretar música xunto á Orquestra e Coro de RTVE na gala final, na que interpretarán un repertorio de música clásica que foi utilizada en bandas sonoras cinematográficas recoñecidas.
A 2 e a Orquestra Sinfónica e Coro RTVE desenvolven neste programa unha colaboración esencial, onde o papel de servizo público e a paixón pola música clásica, serán os elementos fundamentais do espazo, que mostrará o espírito de superación dun grupo de novos intérpretes do máis alto nivel nun ámbito que non ten demasiada cabida na televisión actual.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.