O Trío con Piano Petrof abre a tempada da Filarmónica

A veterana sociedade ten programados no Rosalía cinco concertos para os meses de outono

 

Poucas institucións da cidade, da índole que sexan, poden presumir de ser tan veteranas como a Sociedade Filarmónica da Coruña. Fundada no ano 1904, continúa co seu obxectivo de achegar o mellor da música de cámara a todo aquel que se deixe encandear polo programa que desenvolven no Teatro Rosalía.Esta noite (20.00 horas, entradas a 15 euros) arrinca unha nova tempada de outono coa actuación do Trío con Piano Petrof, considerado un dos grandes referentes europeos en música de cámara, que interpretará pezas de Haydn, Dvorak, Piazzola e Bartok. Seguiranlle nos martes do mes de novembro os recitais da OSG Sinfonietta, o cuarteto de corda Cecilia e o quinteto de vento Crunia Ensemble. E o 12 de decembro pechará a tempada de outono a pianista Rosa Torres-Pardo.

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2017/10/24/trio-piano-petrof-abre-temporada-filarmonica/0003_201710H24C11994.htm

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.