Tempada 2017-2018

PRIMEIRA PARTE

FELIX MENDELSSOHN (1809-1847)
Trío con piano nº 1 en Re menor, Op. 49
Molto allegro agitato
Andante con moto tranquilo
Scherzo. Leggiero e vivace
Finale. Allegro assai appassionato

SEGUNDA PARTE

FELIX MENDELSSOHN (1809-1847)
Trío con piano nº 2 en Do menor, Op. 66
Allegro energico e con fuoco
Andante espressivo
Scherzo: Molto allegro quasi presto

 

OS MECANISMOS DA MEMORIA

 Julio Andrade Malde

Teatro Rosalia Castro, 20 de Febrero de 2018. Trío Grumiaux: Philippe Koch (violín),  Luc Dewez (violonchelo), Luc Devos (piano). Programa: Mendelssohn, Trío con piano nº 1 en Re menor, opus 49Trío con piano nº 2 en Do menor, opus 66.

Ou Luc Devos ten unha memoria privilexiada ou o Trío Grumiaux posúe un arquivo perfecto. Porque lembrar que estes grandes músicos tocaron no Rosalìa hai doce anos e que deron un determinado bis, que repetiron nesta ocasión, é máis que meritorio. E, por riba, unha valoración moi especial do público desta cidade. É verdade que aquí tocan en casa porque se lles acolle con particular afecto e apréciase a súa enorme calidade artística. Fun ao meu arquivo do ano 2006 e, en efecto, o 27 de Abril este diario publicou unha crítica miña dando conta do monográfico Schubert (eses dous tríos marabillosos de finais de 1827, escritos poucos meses antes de falecer). No único que a memoria foi menos precisa foi na identificación do bis. Devos dixo que doce anos antes interpretouse o segundo tempo do Trío con piano nº 2, opus 73, de Arensky, unha páxina encantadora que tocaban de novo neste concerto como recordo daqueloutro. Pero, na crítica do ano 2006, anótase o bis como “terceiro tempo ( Finale) do Trío con piano nº 2, de Martinu”. Os mecanismos da memoria son insondables. Pero o importante é que a deliciosa pàgina de Arensky pechou con esa calidade sonora, ese refinamiento dinámico e esa elegancia expresiva que caracterizou todo o acto musical que nos ofreceu o Trío Grumiaux. Dadas esas características e, ademais, o perfecto encaixe e o impecable balance instrumental da agrupación, non é estraño que escoitásemos un concerto memorable. Un máis dos que xa se nos ofreceron ao longo destes anos. E todos memorables.
26 julio, 2017

20 DE FEBREIRO – TRÍO GRUMIAUX

PRIMEIRA PARTE FELIX MENDELSSOHN (1809-1847) Trío con piano nº 1 en Re menor, Op. 49 Molto allegro agitato Andante con moto tranquilo Scherzo. Leggiero e vivace […]
26 julio, 2017

13 DE MARZO – CUARTETO ORNATI (en quinteto)

Segunda viola: Marta Pérez López PRIMEIRA PARTE JOSÉ PALOMINO (1755-1810) Quinteto con dos violas nº1 Allegro Minuetto (Allegro) Largo Rondó. (Allegro brillante) SEGUNDA PARTE JOHANNES BRAHMS […]
26 julio, 2017

3 DE ABRIL – CORO Y SOLISTAS DA OSG

PRIMEIRA PARTE Obras a capella o con acompañamiento de órgano de: J. Rutter Amén (a 8v.m.) Maurice Duruflé Ubi Cáritas (a 6 v.m.) F. Mendelssohn Beati […]
26 julio, 2017

17 DE ABRIL – TRÍO ARBÓS (en quinteto)

PRIMEIRA PARTE L. V. BEETHOVEN (1770-1827) Trío Op. 70 num.1 “EL FANTASMA” Allegro vivace e con brio Largo assai ed espressivo Presto   SEGUNDA PARTE FRANZ […]