Tempada 2016-2017

ALEJANDRA DÍAZ (violonchelo) y ERIKO ISHIMOTO (piano)

PROGRAMA

I PARTE
FRÉDÉRIC FRANÇOIS CHOPIN (1810-1849)
Sonata en sol menor, Op.65
-Allegro moderato
-Scherzo
-Largo
-Finale. Allegro

II PARTE
NICCOLÓ PAGANINI (1782-1840)
Variacions nunha corda sobre “MOSSÉ IN EGITTO” de ROSSINI

JOHANNES BRAHMS (1833-1897)
Sonata nº1 en mi menor, Op.38
-Allegro non troppo
-Allegretto quasi menuetto
-Allegro

 

David Ethève, in memoriam

(por Julio Andrade Malde 15.12.2016)
Antes de dar comezo ao concerto, anunciouse a través da megafonía que o acto musical dedicábase á memoria de David Ethève (compañeiro na OSG e tamén mestre da violonchelista galega Alejandra Díaz); e que, como homenaxe, substituiríanse unhas Variacións, de Paganini, por un adagio de carácter elegíaco escrito por Dvorak: O silencio dos bosques, obra para violoncelo e orquestra, pero transcrita para solista e piano. A emotiva versión desta páxina foi premiada cunha enorme ovación. Encheu a primeira parte do programa a Sonata para violoncelo e piano, de Chopin; un dos raros casos en que o músico polaco utilizou como protagonista un instrumento distinto do piano. Conseguiu unha partitura espléndida, de gran beleza e notable construción. Excelente lectura de ambas as artistas aínda que o balance sonoro non sempre estivo ao seu mellor nivel no primeiro movemento. O instrumento de arco, un Apostol Kaloferov, búlgaro, ten un son bellísimo en centro e graves; no agudo, non sempre se consegue con el unha sonoridad perfecta. Magnífica versión da difícil primeira sonata que Brahms escribiu para violoncelo e piano; obra dunha beleza arrebatadora xa desde o comezo cun tema de fondura conmovedora; cun segundo tempo de inspiración nórdica, e un último movemento en forma de fuga, hermosísimo, pero de enorme dificultade. A pesar dos grandes aplausos que mereceu a versión, non houbo ampliación de programa.

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2016/12/15/david-etheve-in-memoriam/1134494.html

1 agosto, 2016

13 DE DECEMBRO – ALEJANDRA DÍAZ (Violonchelo) y ERIKO ISHIMOTO (Piano)

ALEJANDRA DÍAZ (violonchelo) y ERIKO ISHIMOTO (piano) PROGRAMA I PARTE FRÉDÉRIC FRANÇOIS CHOPIN (1810-1849) Sonata en sol menor, Op.65 -Allegro moderato -Scherzo -Largo -Finale. Allegro II […]
31 julio, 2016

11 de XANEIRO (mércores) – THE BRAHMS PROJECT

THE BRAHMS PROJECT Josep Colomé (violín), Joaquín Riquelme (viola), David Apellániz (violonchelo), Enrique Bagaría (piano) P R O G R A M A I PARTE JOHANNES […]
30 julio, 2016

31 de XANEIRO – ZOAR ENSEMBLE (Quinteto de Vento)

ZOAR (Quinteto de Viento) Álex Salgueiro, fagot; Joan Ibáñez, frauta; David Villa, oboe; Pedro Pintos, trompa; Antonio Suárez, clarinete P R O G R A M […]
29 julio, 2016

14 de FEBREIRO – CUARTETO DE CORDAS SCHUBERT – Con a colaboración de Luigi Mazzucato

CUARTETO DE CORDAS SCHUBERT – Coa colaboración de Luigi Mazzucato (Viola) Fumika Yamamura, violín Adrián Linares Reyes, violín Gabriel Bussi, viola Elena Escalza, violonchelo Colabora: Luigi […]