CAMBIOS NO CONCERTO DO 3 DE NOVEMBRO

Nestes tempos de constante incerteza estamos a ter que facer xogos malabares para manter actualizada a información relativa á programación da Sociedade.
Hai uns días, a axente que leva aos irmáns Stoica, comunicábanos que debían de cancelar o concerto deste próximo martes, día 3 de novembro, ao ser confinados no seu domicilio en Romanía por contacto cunha persoa positiva en COVID 19.
Isto obrigounos a dar unha resposta rapidamente para non deixar un oco na programación aínda que, tendo en conta o interese do concerto cancelado, habémolo reprogramado para o día 19 de xaneiro de 2021, data na que esperamos que sexa posible a súa celebración.
O concerto que terá lugar este próximo martes é un trío de violín violoncelo e piano con obras de Brahms e Shostakovich do cal vos deixo a programación e o cartel.
Esperamos que guste a todos os asistentes e rogámosvos desculpas e a vosa comprensión.
Johannes Brahms (1883-1897)
Trío con piano nº 1, op. 8
Allegro con brio
Scherzo
Adagio
Allegro
Dmitri Shostakovich (1906-1975)
Trío con piano nº 2 en mi m, op. 67
Andante
Allegro con brio
Largo
Allegretto

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.