4 de ABRIL – TRIO HUILLET (Viola, Clarinete y Piano)

TRIO HUILLET (Viola, Clarinete y Piano)

P R O G R A M A

W.A. MOZART (1756-1791)
KEGELSTATT TRIO K. 498
Andante
Menuetto
Rondeaux: Allegretto

M. BRUCH (1838-1920)
“ACHT STÜCKE”, OP. 83
Andante
Allegro con moto
Andante con moto
Allegro agitato
Rumänische Melodie, Andante
Nachtgesang, Andante con moto
Allegro vivace, ma non troppo
Moderato

R. SCHUMANN (1810-1856)
“MÄRCHENERZÄHLUNGEN”, OP. 132
«Lebhaft, nicht zu schnell»
«Lebhaft und sehr markiert»
«Ruhiges Tempo, mit zartem Ausdruck»
«Lebhaft, sehr markiert»

T. HUILLET (1965)
“CRISIS”

Combinación inusual

Julio Andrade Malde

En música de cámara, é frecuente a combinación de tres instrumentos que adoitan ser ou ben tres arcos (violín, viola e violoncelo) ou dous arcos con piano (violín, violoncelo e piano). Desta última combinación, hai abundante literatura musical, con auténticas obras mestras de Haydn, Mozart, Beethoven, Schubert, Mendelssohn, Brahms? Pero tamén se crearon outros axustes como o que xunta viola, clarinete e piano. Tres instrumentos que producen o son por moi diferentes medios -corda, vento e percusión-; e, por tanto, unha combinación arriscada pola dificultade de equilibrar os tres distintos modos de producir o son. Aínda que non hai un repertorio demasiado amplo, non faltan obras desta natureza. E así, o Trío Huillet, puido compoñer un programa pouco habitual e de extraordinario interese. O gran mérito: lograr ese ideal balance sonoro, mercé ao talento dos tres artistas, incluído o novísimo clarinetista (vinte anos) que, a teor do escoitado, pode realizar unha importante carreira internacional. O público gozou moito cunhas obras moi belas. Pola súa rareza nos programas, hai que destacar as oito preciosas pezas de Max Bruch (só faltaron a 1 e a 8; a número 2, tan mendelssohniana, foi ofrecida como bis). Clara e Thierry son habituais na nosa Filarmónica. El é o autor da interesante composición – Crise- que pechou o concerto.

http://ocio.laopinioncoruna.es/agenda/noticias/nws-577577-combinacion-inusual.html

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.