3 DE ABRIL – CORO Y SOLISTAS DA OSG

PRIMEIRA PARTE

Obras a capella o con acompañamiento de órgano de:
J. Rutter
Amén (a 8v.m.)

Maurice Duruflé
Ubi Cáritas (a 6 v.m.)

F. Mendelssohn
Beati Mortui (a 8 v.g.)

Javier Fajardo
Ave María (a 4 v.b.)

Javier Busto
Ave María (a 4 v.m.)

Gabriel Fauré
Cantique de Jean Racine (a 4 v.m.)

Javier Fajardo
Alleluia (a 6 v.m)

SEGUNDA PARTE

GABRIEL FAURÈ (1833-1897)
Requiem para soprano y barítono solista, coro y órgano Op. 48

Solistas: a confirmar
Organista: Ludmila Orlova
Director: Joan Company

 

Concierto coral

Julio Andrade Malde 05.04.2018 | 02:01

Como é sabido, o Coro da Sinfónica nútrese de  coristas de toda Galicia. Hai quen vén desde Pontevedra ou desde Ourense. A afección á música e o amor a este coro poden máis que a dificultade do desprazamento. Pero, en certos casos, a dificultade faise case insalvable; e así sucedeu na tarde do pasado martes, cando un forte temporal azoutou a toda a comunidade galega. De maneira que o numeroso coro da  OSG viuse reducido en non menos de vinte integrantes. A agrupación vocal houbo de afrontar o programa cunha diminución moi sensible: unha cuarta parte do total, aproximadamente. Pero este coro afeccionado comportouse como un coro profesional e afrontou con esta importante limitación un programa complexo e nada fácil. Houbo momentos de alta calidade como  Ubi  Caritas, de  Duruflé, cantado a  capella, ou a belo Ave María, do novo compositor galego Javier Fajardo, con acompañamento de piano, do mesmo xeito que o Ave María de Javier Busto. Unha mención especial para as dúas obras de  Fauré. O  Réquiem, obra de notable dificultade, tivo unha excelente lectura, incluído o acompañamento de piano e a actuación dos dous solistas: o barítono José Luís Vázquez e a nova soprano Lea  Celemín. Pero o momento máis brillante do recital foi a versión do precioso  Cantique de Jean  Racine que, ao concluír o acto musical, foi  bisado, correspondendo ao entusiasmo do público. Joan  Company estivo á fronte do proxecto coral da  OSG (coros de Nenos, de Mozos e de Adultos) e temos a fortuna de que podamos seguir contando co seu maxisterio. Basta con velo dirixir con sobriedade, con economía  gestual e, ao tempo, con claridade e precisión, para comprender que contamos cun profesional de primeiro nivel.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.