29 MARZO – CONFERENCIA (Fundación Paideia)

CENTENARIO DA MORTE DE GRANADOS (1916-2016)


Por ARTURO BARRAL VIQUEIRA

 

CONFERENCIA DE ARTURO BARRAL EN «PAIDEIA»  CON MOTIVO DO CENTENARIO DA MORTE DE ENRIQUE GRANADOS

 

P1010071OKTEP1010076OKTE

 

O pasado día 29 de Marzo, e dentro das actividades complementarias do presente curso que organiza a nosa Sociedade Filarmónica, tivo lugar no Salón de Actos da Asociación «Paideia» a prevista conferencia sobre o compositor Enrique Granados do que se cumpren cen anos do seu tráxico falecemento en augas da Canle da Mancha no que tamén pereceu a súa esposa Amparo. O acto estivo a cargo do noso compañeiro nos labores directivos da nosa Sociedade Arturo Barral Viqueira, apaixonado estudioso da realidade socio cultural da época en que vivíu o compositor leridano, como él mesmo confesa.

Tras unhas palabras de presentación a cargo do Presidente da Filarmónica, Julio Tasende Calvo, nas que resaltou a personalidade do conferenciante, este tomou a palabra analizando os dous concertos que tiveron lugar os días 2 e 3 de Setembro de 1909 no Teatro Principal, hoxe Teatro Rosalía Castro, que estiveron a cargo do gran violinista Juan Manén e do propio Enrique Granados ao piano, organizados pola Sociedade Filarmónica coruñesa. Nestes recitais ambos artistas tocaron tanto a só como conxuntamente, ofrecendo eminentes versións de obras como o Concerto para Violín nº 1 de Mozart, a Sonata «Kreutzer» e «Claro de Luna» de Beethoven, Sarasate, Granados e outras obtendo un resonante éxito.

A continuación, Arturo Barral expuxo unha documentada biografía do compositor, chea de referencias costumistas da época e xénese das súas principais obras, sempre ilustrando as súas palabras coa audición dunha coidada selección musical con obras como «O Pelele» pola incomparable Alicia de Larrocha ou o Intermedio de «Goyescas» a cargo da Filarmónica de Dresde baixo a dirección do noso Rafael Frühbeck de Burgos, incansable divulgador da música española no mundo enteiro.

En suma, unha charla amena e instructiva que foi premiada con fervorosos aplausos polo público asistente. Desde aquí a nosa felicitación máis sincera ao amigo e compañeiro pola súa interesantísima comunicación.

FOTOS.-

Foto 1 Julio Tasende durante a presentación

Foto 2 Arturo Barral nun momento da conferencia

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.