26 ABRIL – GRUPO INSTRUMENTAL SIGLO XX

 

 GRUPO INSTRUMENTAL SIGLO XX

 

I PARTE

RICHARD STRAUSS (1864-1949)

Sexteto de corda (da ópera “Capriccio”)

                

II PARTE

GEORGE ENESCU (1881-1955)

Octeto en Do mayor, Op. 7

TRÈS MODÈRÉ

TRÈS FOUGUEUX

LENTEMENT

MOUVEMENT DE VALSE BIEN RYTHMÉ


O interese do inhabitual

julio andrade malde   28.04.2016 

O axuste de dúas obras tan diferentes en canto a métodos, medios empregados, intencións e resultados conseguidos; o contraste da inspiración da senectude, na partitura de Strauss, fronte ao estro xuvenil da de Enesco; incluso a abafadora diferenza entre a brevidade do discurso musical do alemán e a desmesura temporal da partitura do romanés. Todo iso facía que este concerto resultase atractivo e interesante por insólito. Porque insólito é que unha agrupación de cámara semellante -un sexteto de arcos- constitúa o preludio dunha ópera. E porque o é tamén esta ambiciosa obra dun mozo Enesco que parece querer dicilo todo, seica dun modo un tanto atropelado. O sexteto straussiano foi obxecto dunha lectura elegante, mediante unha refinada utilización da dinámica. A excelente lectura do octeto de Enesco ten un mérito moi especial, debido á dificultade desta obra poliforma, polirrítmica e polimotívica. Os aplausos do público deron como resultado dous bises que foron moi do agrado do público: o delicioso terceiro movemento (O ataque aos muíños) da Suite Don Quixote, de Telemann; e o cuarto tempo do Divertimento, de Juan Durán.

O Grupo Instrumental Século XX, que dirixe Florian Vlashi, realiza unha importantísima labor divulgativo dun repertorio pouco habitual centrado en torno ao século XX, unha centuria que no terreo da creación artística ha aberto unha profusión de novos camiños. Moitos deles conduciron a vías mortas; outros ampliaron as posibilidades técnicas e expresivas dos creadores; e mesmo, os grandes artistas do período deixáronnos mostras imperecederas do seu talento. Stravinsky, Bartok, Shostakovich, Mahler. Poñer en valor un século non sempre xustamente valorado é algo que a nosa cidade deberá sempre a este grupo e ao seu director.

CRITICA DE JULIO ANDRADE EN «LA OPINION»

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.