17 DE ABRIL – TRÍO ARBÓS (en quinteto)

PRIMEIRA PARTE

L. V. BEETHOVEN (1770-1827)
Trío Op. 70 num.1 “EL FANTASMA”

Allegro vivace e con brio
Largo assai ed espressivo
Presto

 

SEGUNDA PARTE

FRANZ SCHUBERT (1797-1828)
Quinteto en La Mayor, Op.114 “LA TRUCHA”

Allegro vivace
Andante
Scherzo. Presto
Tema. Andantino
Variación I
Variación II
Variación III
Variación IV
Variación V
Allegretto
Allegro giusto

(viola, Paul Cortese; Contrabaixo, Toni García Araque)

 

El fantasma y la trucha

18-04-2018 23:49

Julio Andrade Malde

Comentaba hai poucos días as coincidencias que se producen ás veces na nosa cidade entre diversas institucións que organizan concertos. O pasado martes, houbo tres actos de carácter musical aínda que de moi distinta natureza e concerto de cámara no Rosalía e presentación, con partituras e gravacións a cargo do Quinteto  Zoar, da música para quinteto de vento de Carlos López García, en Betanzos. O crítico, aínda lamentando perderse a enésima representación dun ballet de  Chaikovsky e o desprazamento á querida cidade brigantina, optou por asistir ao marabilloso programa que ofreceu o Trío Arbós na  Filarmónica. Estraña obra, o trío denominado “pantasma”, de Beethoven, por contido, por estrutura e por desenvolvemento das ideas; orixinal, singular e de dificultade extrema. O Trío Arbós expúxoa acentuando os contrastes de volume, facéndoa se cabe aínda máis  fantasmagórica; o problema é que, incluso gozando da excepcional acústica do Rosalía, os  pianísimos ás veces facíanse  inaudibles e o imprescindible balance sonoro resentíase. Versión, pois, de interesante formulación e discutible resolución. O cambio foi total ao abordar o marabilloso quinteto de Schubert. A interpretación foi soberbia de principio a fin, cun perfecto equilibrio instrumental e unha actuación memorable de cada  instrumentista, incluído o contrabaixo, ao que o compositor encomenda algunhas pasaxes en condición de protagonista. Grandes ovacións e exclamacións de entusiasmo despediron ao Trío Arbós que, con todo, non ofreceu ningún bis.

 

https://ocio.laopinioncoruna.es/agenda/noticias/nws-659379-el-fantasma-trucha.html

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.