13 DE DECEMBRO – ALEJANDRA DÍAZ (Violonchelo) y ERIKO ISHIMOTO (Piano)

ALEJANDRA DÍAZ (violonchelo) y ERIKO ISHIMOTO (piano)

PROGRAMA

I PARTE
FRÉDÉRIC FRANÇOIS CHOPIN (1810-1849)
Sonata en sol menor, Op.65
-Allegro moderato
-Scherzo
-Largo
-Finale. Allegro

II PARTE
NICCOLÓ PAGANINI (1782-1840)
Variacions nunha corda sobre «MOSSÉ IN EGITTO” de ROSSINI

JOHANNES BRAHMS (1833-1897)
Sonata nº1 en mi menor, Op.38
-Allegro non troppo
-Allegretto quasi menuetto
-Allegro

 

David Ethève, in memoriam

(por Julio Andrade Malde 15.12.2016)
Antes de dar comezo ao concerto, anunciouse a través da megafonía que o acto musical dedicábase á memoria de David Ethève (compañeiro na OSG e tamén mestre da violonchelista galega Alejandra Díaz); e que, como homenaxe, substituiríanse unhas Variacións, de Paganini, por un adagio de carácter elegíaco escrito por Dvorak: O silencio dos bosques, obra para violoncelo e orquestra, pero transcrita para solista e piano. A emotiva versión desta páxina foi premiada cunha enorme ovación. Encheu a primeira parte do programa a Sonata para violoncelo e piano, de Chopin; un dos raros casos en que o músico polaco utilizou como protagonista un instrumento distinto do piano. Conseguiu unha partitura espléndida, de gran beleza e notable construción. Excelente lectura de ambas as artistas aínda que o balance sonoro non sempre estivo ao seu mellor nivel no primeiro movemento. O instrumento de arco, un Apostol Kaloferov, búlgaro, ten un son bellísimo en centro e graves; no agudo, non sempre se consegue con el unha sonoridad perfecta. Magnífica versión da difícil primeira sonata que Brahms escribiu para violoncelo e piano; obra dunha beleza arrebatadora xa desde o comezo cun tema de fondura conmovedora; cun segundo tempo de inspiración nórdica, e un último movemento en forma de fuga, hermosísimo, pero de enorme dificultade. A pesar dos grandes aplausos que mereceu a versión, non houbo ampliación de programa.

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2016/12/15/david-etheve-in-memoriam/1134494.html

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.