1 DICEMBRO – TRIO PEDRELL (Violín, Violonchelo y Piano)

TRIO PEDRELL (Violín, Violonchelo y Piano)


FRANZ SCHUBERT
Sonatensatz D 28 en Si b mayor

JOAQUÍN TURINA
Trio Op. 76 nº 2 en Si menor

ANTONIN DVORAK
Trío con piano Op. 65 en Fa menor

 

Nada permanece, todo cambia

julio andrade malde 03.12.2015 | 00:57

O Trío Pedrell parece inspirarse na soada frase de Heráclito «nada permanece, todo cambia» e modificou o programa do seu concerto por dúas veces. Estaban previstos senllos tríos con piano de Haydn, Beethoven e Shostakovich; con todo, no programa de man dispoñible na entrada do concerto os mencionados compositores foran substituídos por Schubert, Turina e Dvorak. Pero a mutación non debeu parecer suficiente e antes de abordar a segunda parte do acto musical un dos membros da agrupación anunciou que se tocaría o Trío opus 8, de Brahms, en lugar do Trío opus 65, de Dvorak. Se os mozos músicos permítenme un consello, recomendaríalles que meditasen ben as obras que van interpretar e non realicen cambios de última hora que só traen complicacións, provocan desconcertos e ademais causan un efecto desfavorable. O Trío Pedrell creouse fai tres anos, de maneira que é moi novo; tamén son mozos os seus integrantes, e así non é estraño que falte aínda esa ideal compenetración entre eles, sobre todo en canto ao balance sonoro, porque a precisión, o encaixe, están bastante conseguidos. En termos xerais, é loable a súa forma de tocar utilizando unha estimable regulación do volume; mágoa que ás veces se produzan algúns desequilibrios sonoros. Por exemplo, o violín, en certas pasaxes, resulta case inaudible. A perfección alcanzarase co transcurso do tempo, co estudo e coa experiencia de tocar xuntos. Versións estimables dos tríos de Schubert e de Turina. E sorprendente interpretación do bellísimo Trío de Brahms, obra que ao parecer teñen moito mellor encaixada a pesar da súa enorme dificultade técnica. Para facer honra ao nome da agrupación, os compoñentes do Trío interpretaron, como bis, o Nocturno, opus 55, do músico catalán Felipe Pedrell, obra tan grata e amable como irrelevante.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.